domingo, 20 de septiembre de 2009

Recordatorio bibliográfico del exillio gallego.

Mi amigo Amio Cajander, me da a conocer este documento que cuenta con mas de dos mil de exiliados gallegos con información bibliográfica.

Como ejemplo rescato la de un paisano mío:

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA:
ÁLVAREZ GÓMEZ, Santiago
(San Miguel de Outeiro, Vilamartín de Valdeorras, Ourense, 1913) Político, escritor e xornalista.
Naceu no seo dunha familia
campesiña. Desde 1928 participará nas segas en Castela, tomando parte nos conflictos campesiños, xa con catorce anos. En 1931 afíliase
ó PCE, organizando o sindicato da Federación de Traballadores da Terra da UGT con Alfonso Gayoso Frías e Benigno Álvarez, da
Federación Campesiña Provincial de Ourense do PCE. En 1934 é detido tralo apoio do Sindicato á Revolución de Asturias. En 1936
trasládase a Madrid para asistir a un curso de formación marxista, alí cólleo a sublevación, e organiza xunto con outros galegos o
Batallón de Milicias Populares Gallegas. É nomeado Comisario Político do exército popular (Vº Corpo do Exército). Participou na
defensa de Madrid e nas batallas do Xarama, Guadalaxara, Brunete, Sur do Teixo, Garavitas, Teruel, Belchite, o Ebro e Cataluña.
Alterna o seu labor de Comisario co de xornalista. Co remate da Guerra Civil, en 1939, comeza un longo exilio en Francia e Cuba. En
1944 viaxa a España clandestinamente, sendo detido en Madrid o 25 de agosto de 1945. É condenado a morte polo cal se organiza unha
campaña internacional contra o seu fusilamento e o de Sebastián Zapiraín. Entón é condenado a pena de prisión en Alcalá de
Henares, Logroño e Burgos. En 1954 Santiago Álvarez sae do cárcere camiño do exilio latinoamericano, reclamado pola Embaixada
de Cuba, sendo elixido membro do Comité Central do PCE trasladándose a México onde traballa na organización do PCE. En 1957
viaxa a París, para tratar o tema da Reconciliación Nacional, ó que se opuxera o Comité de México. En 1958 instálase en Europa para
encargarse da actividade internacional do PCE. Un ano máis tarde participa no Congreso da Emigración galega, cunha comunicación
sobre os foros. En 1960 é elixido membro do Comité Executivo do PCE. En 1968 créase en París o Partido Comunista Galego, e
Santiago Álvarez é elixido secretario xeral, cargo no que é reelixido en 1973. En 1976, tralo regreso clandestino a España, é detido
aínda que por pouco tempo. En 1978 Santiago Álvarez abandona a secretaria xeral do PCG. Actualmente vive en Madrid.
Obra no exilio: "Unha alternativa democrática pra Galicia" (1976), París: Editorial Nova Galicia
"Castelao y nosotros los comunistas" (1984), Sada: Ediciós do Castro
"Las Milicias Populares Gallegas. Un símbolo de la Galicia antifranquista. Ensayo histórico" (1989), Sada: Ediciós do Castro
"Osorio-Tafall. Su personalidad, su aportación histórica" (1992), Sada: Ediciós do Castro
ÁLVAREZ, Santiago: Memorias (volumes I ó VI) (1985-1997), Sada: Ediciós do Castro
Refª.Bibliográficas: FRAGA RODRÍGUEZ, Xan (1994:42)
VELASCO SOUTO, Carlos F. (2000:60)
SANTIDRIÁN ARIAS, Víctor M. (2000a) (no prelo)
CATÁLOGO EXPOSICIÓN SANTIAGO ÁLVAREZ. Unha vida de loita (1997)
ÁLVAREZ, Santiago (1992)
VARELA SIEIRO, Xaime (2001) (inédito).
Refª.Fotográficas: CATÁLOGO EXPOSICIÓN SANTIAGO ÁLVAREZ. Unha vida de loita (1997) e ÁLVAREZ, Santiago (1989a:apéndice) e
ÁLVAREZ, Santiago (1992)
Biografía
65
Profesións: Escritor / Xornalista / Labrego
Profesións no exilio Xornalista
Barco
FLANDRE Países: Francia / Cuba / México
Organizacións ás que pertenceu:
BATALLÓN DE MILICIAS POPULARES GALLEGAS
PCE PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA
PCG PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA

Archivo del blog

Seguidores